Ata sempre, mestre Neira Vilas

Estes días marchou un dos grandes, fóisenos o mestre Xosé Neira Vilas. Vila de Cruces está de loito. Moitos recordos da nosa infancia van con el: a escola, ese universo intrínseco ás nosas vidas, coas cousas -recordando a outro grande de Rianxo- boas e malas. Todos fomos e somos e ogallá sigamos a ser Balbino. Ninguén sintetizou mellor o que é a aldea: «Lama e fume».
Neira Vilas era un gran escritor e unha boa persoa. Miña muller, de cativa, tivo a sorte de coñecelo cando visitou a súa escola e todavía lembra a aquel bo e cariñoso home que tivo o honorable xesto de falarlle ós nenos coma o que son: o patrimonio da nosa cultura.

Ata sempre, Mestre.

 

Por Capitán Perrechas

Imagen por defecto
Colaborador
Persona humana que cree que aún es necesario luchar por la libertad en defensa del pensamiento crítico y por la igualdad de credos. Anónimo por vocación y solidario por necesidad.

Deja un comentario