O Carnoedo dedícalle a Muíños a súa goleada fronte o Burgo

 

Un dos siareiros máis entregados do C.F. Carnoedo e membro da peña Forza Carnoedo, Miguel Muíños, recibiu un regalo de cumpreanos que non esquecerá nunca. Os xogadores dedicáronlle os cinco goles que lle endosaron ó Sporting Burgo, así como a vitoria. Emocionado e entre bágoas, este gran amante do fútbol e persoa excepcional, quedou sen palabras tras o trepidante partido. Resultado final: Carnoedo 5 – Sporting Burgo 1. Crónica por Maym.

Imagen por defecto
Maym
Son un tipo que de neno soñaba con triunfar na primeira división de fútbol. Pero non me gustaba entrenar… e a nada cheguei. Iso si, hai xente que se afasta de min porque non sei falar doutra cousa máis que de fútbol. Pero como dixo Pepe O Inglés unha vez: “¡¡O fútbol é sajrado!!”.

Deja un comentario