España debe recuperar a «mirada do tigre»

Pasan os días, os partidos dos grupos, as ilusións que teñen os afeccionados que cada catro anos teñen estas ocasións, e xa empezan as primeiras seleccións a pasar de rolda ou para casa.

Empezamos por Brasil, a anfitriona, que despois de empatar na segunda xornada ante México, con unha gran actuación de Ochoa, un porteiro vasco-azteca que este ano descendeu co modesto Ajaccio da liga francesa a Segunda, levou a cabo unha soberbia actuación ante Brasil. Esta Brasil non é a do jogo bonito da década dos 70 no ataque, pero si é forte defensivamente, con David Luis e Thiago Silva. Xogaranse o pase na última xornada ante unha Camerún que desde MaKanaky, Milla e o seu líder Kunde no Mundial 90 non volveu a facer máis nas seguintes citas mundialistas. Esta tropa liderada por Eto´o  pensa máis nos cartos das primas que en defender unha bandeira.

O de España… esto si que é comparable con Rocky 3. Despois de que Luis Aragonés  pasara a escoba no ano 2006, con aquela derrota en Ulster por 3-2, colleu o timón, eliminou a Raúl e ás vacas sagradas da selección, fixo un equipo a partir de cero, competitivo, uniu ó equipo, aproveitouse do inicio do ciclo do Barcelona de Xavi, Puyol e Iniesta. E cando o Sabio deixou o equipo campión no 2008, fixoo coa condición de facer un equipo vitorioso e famélico para catro ou cinco anos. Luis Aragonés era famoso por comentarios, e el mismo chamábase «Zapatones» (como Miliki), pero una vez que está morto, agora máis que nunca é recordado como un xenio, como un mito, como outros grandes xenios e descubridores doutras facetas da vida, como da cultura ou da física, química,etc… Tiña carácter  suficiente para  facer que os xogadores non perdesen a fame competitiva ,e tamén para acabar cos clans de Gran Hermano, por exemplo.

Mira que se viron seleccións hipanas horribles pero, a diferencia desta, todas tiñan fame. Del Bosque é un entrenador que sabe traballar con equipos feitos, pero non ten carácter para facelos. No 2007, nas eleccións da presidencia do Atheltic de Bilbao, había tres candidatos. Dous querían a Caparrós de entrenador e un terceiro quería a Del Bosque. Pois ben, o terceiro foi a cuarta forza mais votada… de tres candidatos, porque a terceira forza máis votada foron os votos en branco!!!

CC/Pavel Shane
CC/Country Boy Shane

Durante cinco anos, Del Bosque viviu das rendas que deixou o defunto Luis Aragonés. Pero non ten carácter para chamarlles á orde cando perden a fame competitiva, deixouse manexar pola prensa cando puso a un Casillas con menos fondo de temporada que noutros anos, e puso a un Diego Costa -a quen os árbitros lle perdoaron a expulsión por agresion nos dous partidos- que este ano saíulle redondo no Atletico de Madrid. Pero á hora da verdade está moi verde para estes actos. Ante a vinganza da afección leona de sete anos atrás, non levou a ninguén do Atlhetic, e sen Puyol, puxo de parella a uns enemigos como Piqué-Ramos. Logo non soubo traballlar cos defensas sucesores nestes anos. Alba e Azpilicueta son os mellores laterais dereitos de España… porque non hai outros. Para colomo, Xabi Alonso dixo unha verdade como un templo, e esas verbas recordan ás que lle dixo Micky a Rocky 3: «Perdeuse a fame competitiva, civilizámosnos».

Non é o mesmo xogar ante rivais bos como Moldavia, Luxemburgo, Libertonia ou Bananas… que xogando ante famélicos na hora da verdade. Agora toca comenzar de novo e buscar un Apolo para Rocky, que lle faga recuperar a «mirada do tigre». Hai que darle as grazas aos homes de trinta anos que deixan esta selección  polos éxitos que diron a esta selección nestes anos, e que os seguintes veñan con máis forza. Ademais cómpre buscar un técnico mais barato, porque Del Bosque cobra máis de dous millons e medio de euros ó ano!!!

En canto ó resto, o Reino Unido marcha para casa pero coa cabeza alta. Perdeu os dous partidos xogando con gañas, puidendo vencer nos dous partidos, pero o certo é que caeu no grupo da morte ante Italia,Uruguai (xogarán unha final anticipada) e a proguesiva Costa Rica. Hai uns anos, houbo fontes que viron por sorpresa un partido de cuartos de final dun Mundial sub-20, un Arabia-Costa Rica. Pasou Costa Rica ás semifinais na prórroga. O que viu aquel partido recorda unas palabras de Duke, o entrenador de Apolo Creed en Rocky 1,cando viu un vídeo do entrenamento de Rocky: “Estes tómano moi en serio”. Costa Rica ganouse a fama de equipo animador do Mundial e non foi ningunha sorpresa. O rendemento daquela xente naquel Mundial deu os seus primeiros froitos, e pasou con merecemento á seguinte fase no grupo da morte.

Noraboa a Colombia, que pasou sen apuros no grupo máis humlide do Mundial ante rivais como Costa Marfil, Xapón e Grecia. Unha Grecia que foi campiona de Europa hai dez anos grazas ó regalo da España de Iñaki Sáez por non saber disolver os clans, e dende entón nunca máis. Desesarlle sorte a Colombia ante un gran rival.

Francia recupera a «mirada do tigre». O resto vaise vendo…

Imagen por defecto
Maym
Son un tipo que de neno soñaba con triunfar na primeira división de fútbol. Pero non me gustaba entrenar… e a nada cheguei. Iso si, hai xente que se afasta de min porque non sei falar doutra cousa máis que de fútbol. Pero como dixo Pepe O Inglés unha vez: “¡¡O fútbol é sajrado!!”.

Deja un comentario