Fagamos o Mundial de fútbol en Marte

Oito americanos, seis europeos e dous africanos. Así está o plantel dos compoñentes da cámara da composición parlamentaria dos oitavos de final do Mundial de fútbol de Brasil 2014. Os europeos eliminados como España (redactado o seu fracaso na anterior entrega,e non quero nin falar do partidazo que fixeron ante os canguros, nin do espaldarazo que lle diron os afeccionados no aeroporto de Madrid), Italia, Reino Unido, Portugal… que non veñan con desculpas que o clima lles perxudicou. Vale. Pero os alemáns, franceses, suizos (a última hora), belgas, tulipáns (máis famélicos que hai catro anos), e a última hora os gregos, que souberon gañar o seu billete para oitavos.

Que si o hemisferio norte, o hemisferio sur, que si vas ó Everest non soportas o clima dos sherpas, e si estes veñen para aquí non poden resistir o noso clima… Recordemos que Africa do Sur está mais cerca do polo sur que Brasil, e no cadro de honor dese mundial houbo tres europeos presentes: os hispanos, os tulipáns e os alemáns. E daquela os charrúas foron o equipo americano que completou o cadro.

Se seguimos buscando desculpas, entón a solución para poñer igualdade de condicións é facer un Mundial de fútbol… no planeta Marte. Así se competirá en igualdade de condicións, subirán os equipos participantes nunha nave espacial e levaranos a Marte. A ver que disculpas inventan para xustificar os seus fracasos.

Prandelli  o italiano, despois de caer eliminado no grupo da morte, presentou a sua dimisión, minutos despois de que o mundo levase una decepcion con Luis Suárez, un xogador que ten un olfato goleador garriento, comparado cos ases como Messi, Neymar ou CR7. Todo o que gaña co seu talento futbolístico… pérdeo con dentadas estúpidas sen necesidade ante os seus rivais. A ver se con esta sanción que lle impuxeron aprende algo, porque é una mágoa que ocorran este tipo de detalles, porque xa van tres veces que fixo estas canibaladas.

CC/Calcio Streaming
CC/Calcio Streaming

Del Bosque é un dos entrenadores que máis cobran, pero non é o que máis.Vergonzoso é o de Capello, non da antiga URSS. Este tipo co que cobra… dixeron que o contrataron para facer un equipo potente para o seu próximo mundial 2018, que se celebrará en Rusia. Pero moito vai ter que cambiar, porque os rusos teñen bos xogadores pero non xogan como equipo. Lembran á España de Iñaki Sáez, por ex, bos xogadores e clans. No grupo de Rusial esta quedou por detrás duns belgas de Courtois, que se verán cos iankis, que se calsificaron limpamente despois dos rumores morbosos de amaño escoitados días atrás.

CC/Muladar News
CC/Muladar News

Pero haberá un duelo morbosos: a revancha de Alemaña-Arxelia do Muncial 82 en Xixón. Hai 32 anos houbo un triple empate a puntos entre Alemaña, Austria e Arxelia. Os mouros xogaron o partido antes de que se xogase o Alemaña-Austria. As matemáticas dixéronlle que se manosos gañaban 1-0 pasaban ambas selecicóns e deixaba fóra a Arxelia.Con outro resultado, pasaba Arxelia. Pois ben, no minuto dez marcaron os alemáns e o resto do partido foi una farsa. Berros de «¡Arxelia, Arxelia!» e cánticos de “¡Que se besen, que se besen!” foi o resto do partido. Ó final: incidentes no hotel de concentración de Alemaña e Sumacher, o porteiro alemán, tirándolle botellas e bolsas de lixo os manifestantes. Trinta e dous anos despois, as xeneracións posteriores de Arxelia virán con gañas de vingarse do acontecido en 1982, que lles marcou para sempre. A Arxelia de Feouglhi quere dedicarle a xesta a Madjer e ao tío de Zidane.

Gocemos vendo as eliminatorias de Brasil-Chile (outra vez máis), Colombia-Uruguai (partidazo, a ver que fai Uruguai sen Luis Suárez), Holanda contra o México do porteiro Ochoa, Francia-Nixeria, Arxentina-Suiza e Costa Rica-Grecia.

Imagen por defecto
Maym
Son un tipo que de neno soñaba con triunfar na primeira división de fútbol. Pero non me gustaba entrenar… e a nada cheguei. Iso si, hai xente que se afasta de min porque non sei falar doutra cousa máis que de fútbol. Pero como dixo Pepe O Inglés unha vez: “¡¡O fútbol é sajrado!!”.

Deja un comentario