Feijóo bailará a muiñeira en Sada no Día da Troula

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acudirá mañán a Sada para bailar a «muiñeira inaugural» do Día da Troula, que reivindicará na perla das Mariñas o espírito festivo da música popular. O evento, organizado pola formación Nova Troula en colaboración co Concello, converterá a vila mariñeira nunha foliada multitudinaria. Máis de 30 agrupacións folclóricas visitarán os bares recuperando a tradición dos cantos de taberna. Un pasarrúas polo feirón e unha actuación na carpa instalada no paseo marítimo completan a oferta folclórica que nesta primeira edición renderá tributo á mítica agrupación Os Perilláns de Iñás. Así, os promotores de evento contarán coa presenza de Ramón Mosquera Domínguez, membro destacado dos Perilláns, a quen dedicarán un «xantar homenaxe».

Os Melidaos actuarán na carpa do paseo marítimo a partir das nove da noite, no ecuador da foliada que se prolongará «ata que o corpo aguante», indicaron desde a organización. «É para min un honor poder ser o primeiro invitado da muiñeira inaugural deste Día da Troula que agardamos dure moitas máis edicións», sinalou Núñez Feijóo, que se mostrou «encantado» de acudir a este acto. Os Rebentos da Coruña, Cantares dos Pendellos, Fonte de Merlan, Son D´aquí, Os do Fondo da Barra, Os Folieiros, Viute o Demo e Alén do Mar levarán os cantos tradicionais polos locais de hostalería. Na gran foliada participarán máis de vinte grupos de Sada e da comarca.

Imagen por defecto
Elisardo Tobias Munchen
Todo está perdido. Todo está muerto. Todo es materia. Sin embargo, insondable es mi fe en el Señor. Cinéfilo aguerrido, poeta en la intimidad y melómano. Me gustan los videojuegos, la papiroflexia y la metafísica. Mi comida favorita es la empanada de atún.

Deja un comentario