Felicitacións!!

Felicitacións!! Isto lembra á cancion histórica de Julio Iglesias e o mestre Pedro Vargas (que ten un timbre de voz que se dá un aire a Alberto Cortez), pero é a felicitación a 20 equipos loitadores de Primeira división, que competiron na temporada 2013-2014. Porque a Liga pechou a billa por agora. Só queda a final da Champions, a Segunda división (tres partidos e os playoffs polo ascenso), algúns partidos de categorías modestas e promocións para desfrutar. Só queda a ilusión dos clubes modestos en busca dunha lotería, que mantén a ilusión dos afeccionados famélicos actuais. Os relaxados lembran con agarimo tempos pasados, porque noutros anos viviron e sentiron os mismos sintomas que viven eses afeccionados famentos no mes de maio, cos equipos con escaso combustible… e esperade a que veña xuño, coa calor e a xente na praia!! Felicitacións para todos eses equipos.

Volvamos á Primeira división. Felicitacións para o campión de Liga,o Atlético de Madrid. Aguantou ben a presión do bipolar, e a pesar de que chegou moi xusto non copiou o modelo do Barcelona dos cinco últimos anos. Cholo Simeone imprimiulles carácter.
Felicitacións ó Barcelona por regalarlle ó mundo enteiro cinco anos de fútbol e rolo. Non é a fin do ciclo, pero si son as primeiras xaquecas. O ocaso de Puyol e Xavi nótase, e isto lembra ó Indurain do 96, cando empezaron as primeiras alarmas. Comenza un tempo de renovacion.

Felicitacións para o Real Madrid, polo triunfo da Copa e por reservarse para a final da Champions. Con Modric e a defensa que practica é malo de marcarlle goles. E por ter a Ancellotti, un entrenador máis pacifico que Mouriño. Felicitacións ó Athletic de Bilbao, por clasificarse para a Champions!! Iso que ninguén daba un céntimo por el!! Todo o mundo dábao por acabado, dicían que sen os tres mellores e sen Bielsa o equipo ía cara o casino a xogar a ruleta rusa. Pero Valverde cambiou o sistema e cunha mestura de canteiranos e veteranos maduros levou ó equipo a unha sorprendente cuarta praza, un premio para eles. Felicitacións para o Sevilla, pola súa vitoria na Europa League. A pesar de ser un equipo moi distinto ao daqueles anos gloriosos, Unay Emery deu coa tecla para saber competir. Felicitacións ó Villarreal, por regresar vitorioso do inferno da Segunda e volver a ser o Villarreal temible, e lembremos que este equipo provén dunha poboacion modesta. Empezaron moi fortes e tiveron problemas de dosificación, pero souberon aguantar a presión e clasificáronse para Europa. Felicitacións á Real Sociedad, por superar as marchas do antigo entrenador e de Illarramendi. Ó equipo chegou un técnico novo e descoñecido, Jagoba Arrasategi, que se doutorou no seu ano de estreno, cunha plantilla moi loitadora con xogadores como Griezman,Canales e Vela. Felicitacións aos equipos levantinos como Valencia e Levante, por dar batalla aos demais, ao Celta pola súa segunda volta brillante, ao Rayo Vallecano, que ata que non se salvou andivo a 180 por hora e ao Español, que deu batalla ata que se desfoundou. Felicitacións aos equipos modestos que saíron vencedores do casino do temible xogo da ruleta rusa como o Málaga, o Elche,o Almería, o Getafe e o Granada.

Felicitacións tamén aos equipos que descenderon, por brindarnos momentos de fútbol e dureza na busca de vencer en Primeira. Desexámoslles unha pronta volta a Primeira división a todos. Pois, como di o estribillo da canción: «Copa a copa, mano a mano, ese brindis va«…

Imagen por defecto
Maym
Son un tipo que de neno soñaba con triunfar na primeira división de fútbol. Pero non me gustaba entrenar… e a nada cheguei. Iso si, hai xente que se afasta de min porque non sei falar doutra cousa máis que de fútbol. Pero como dixo Pepe O Inglés unha vez: “¡¡O fútbol é sajrado!!”.

Deja un comentario