A historia repítese

Ben, xente. Todos os anos hai os mesmos suspenses, as mesmas ilusións, as mesmas opinións de por onde zoa a agulla do vento. Todos os anos ocorren os mesmos síntomas pero coas caras cambiadas, tanto de xogadores coma de afeccionados. As memorias das xentes son sabias, as dalgúns acórdanse só do que máis lles interesa… pero dese tipo de xente pasamos de falar, porque iso de anotarse a animar a un equipo cando ten un caramelo a piques de pillar é moi bonito. Pero quitando aos máis grandes (onde hai moito presuposto), detrás dos equipos que viven os obxectivos dunha campaña inolvidable están meses de frío, sufrimento para gañar os partidos, contratempos, horas de adestramentos duros, lesións, sancións,etc…

Pois ben, o outro día foi a cita en Portugal dos equipos da capital hispana. Mentres que a Madrid futboleira estaba dividida -merengues na Cibeles e Chamartín e colchoneiros en Neptuno e Manzanares-, Badajoz na noite do venres e Lisboa a do sábado eran colonias guerreiras de cánticos, bufandas, trompetas, etc. Os dous equipos foron xustos merecedores de chegar a escoitar fados por Portugal. O motivo? Moi sinxelo. O Barcelona pagou os cinco anos de rolete. Non é fin de ciclo pero si chegaron as primeiras xaquecas. Tata Martino non soubo dosificar o equipo despois dun gran comenzo. O Bayern de Múnich, outro coco, cometeu un gran pecado: gañar a liga no mes de marzo. E de aí foi ó Roncadoiro. Guardiola aplicoulle o sistema Barcelona e este é un defecto grandísismo que comenten o resto dos clubes, que queren xogar coma o rolete culé destes ultimos anos. O Chelsea chegou ata onde puido e foi superado por un Atlético moi famélico. Do resto, o Manchester United e o Milán, por exemplo, estes si que viven fin de ciclo. Sorte para estes dous equipos nas futuras renovacións…

Entón chega a final. E a historia volve a repetirse. Por sorpresa, o Atlético pagou máis tarde do previsto o esforzo brutal que fixo nunha campaña histórica. Caeu da mesma forma dolorosa como hai corenta anos ante o mítico Bayern de Múnich. O Cholo Simeone cometeu o mesmo pecado que Biesla hai dous anos no Athletic de Bilbao no maio 2012 e o Barcelona do Tata Martino deste ano. Os entrenadores arxentinos teñen o chip dos campionatos do país austral. Os campionatos de Arxentina son curtos: torneo Apertura a 19 partidos ou Clausura, a Liga, dous meses de vacacións, cambio de xogadores e pilas renovadas. Aí con tal de que teñas boa plantilla, aínda que sexa curta, aguantas ben o campionato. Pero en Europa é distinto. Son máis de 50 partidos na tempada. E se non dosificas os xogadores acaban rebentados e pagándoo. Deben cambiar o chip para obter resultados vitoriosos no mes de maio. Porque senón terano moi difícil por moita prensa que teñan, a pesar de que son moi filósofos neste tema. E é que, na miña opinion, dá gusto escoitar as súas filosofías futbolísticas.

Si Diego Costa anda esfolado e medio lesionado ultimamente, para que demo o levou para a final portuguesa? Sería un erro que Del Bosque o levase á selección se non está recuperado ao cen por cen. O primero cambio do outro día  foi un erro de Simeone, o mesmo que fixo en Barcelona. Despois atopou o regalo de Casillas, un porteiro que este ano perdeu algúns minutos de rodaxe e aínda non superou as diferencias con Arbeloa e Mouriño.

O Real Madrid andivo xusto, pero ata momentos antes do empate os colchoneiros me recordaron ós leóns no maio das finais de 2012 e ó Barcelona actual dos ultimos meses. Quedáronse moi fundidos, sen forzas. Na segunda parte da prórroga non tiñan nada de defensas persoais. Se o partido durase dez minutos máis podíanlle caer sete goles. A partir do 3-1 xa non tiña sentido ver o partido. O equipo merengue na final, como o Barcelona da Copa do 2012, sen facer gran fútbol noqueou aos seus esgotados rivais. Meses e semanas atrás gastara moitísimo combustible en partidos históricos e ante rivais poderosísismos. A historia repítese.

Os colchoneiros recibiron a derrrota coa pantasma do 74 e non souberon repoñernse do cansancio. A historia repítese. O Benfica, despois dun gran partido na UEFA, caeu por penaltis trala maldición de Béla Guttmann de que sen el o Benfica non volvería gañar unha final europea en cen anos. A historia repítese.

O Eibar subiu a Primeira a pasada fin de semana. O seu primeiro obxectivo era  a permanencia en Segunda pero unha vez logrado isto atopou un caramelo no camiño, como o atopou o Extremadura anos atrás, ou o Carnoedo no fútbol modesto o ano pasado, e contra todo prognóstico subiu de categoría. Noraboa para este humilde equipo e que os despachos polo asunto das S.A., que non llo amarguen. A historia repítese.

Seguimos con promocións e co Mundial á vista… A historia repítese…

Imagen por defecto
Maym
Son un tipo que de neno soñaba con triunfar na primeira división de fútbol. Pero non me gustaba entrenar… e a nada cheguei. Iso si, hai xente que se afasta de min porque non sei falar doutra cousa máis que de fútbol. Pero como dixo Pepe O Inglés unha vez: “¡¡O fútbol é sajrado!!”.

Deja un comentario