Magosto futbolístico

Bueno, estamos rematando de comer as castañas e sen darnos de conta xa rematou a época da collida. E este ano a colleita foi discreta. Como é a tempada futbolística dalgúns equipos nesta época. Porque temos fútbol seguido, case a diario, e con horarios tipo inglés: partidos ó mediodía para que o vexan os chinos ou os ianquis.

Na Liga española e nas europeas fixeron paróns ligueiros porque xogaron as selecions clasificatorios ou pachangas. En Vigo xogaron unha pachanga as dúas últimas seleccións campioas do Mundo… todo é negocio. España, sí, gran vitoria ante Bielorrusia por 3-0!! Piqué e Ramos, que gran partidazo fixeron xuntos fixeron!! Como dixo o Sarxento de Richad Gere en Oficial e cabaleiro: “Está moi ben, pero hai que saltar o muro”. Ese muro é a hora dos partidos oficiais da hora da verdade, como contra Holanda e Chile… non contra Bielorusia, Libertonia ou Illas Bananas.

 

 

Mentres que en Europa voan cabezas de entrenadores, como a de Ranieri en Grecia -despois de caer ante na casa ante Islas Feroe por 0-1, dez anos despois de coroarse raíña de Europa en Portugal!!-, ou dos ridículos de Capello e outros… Del Bosque sigue. E sigue sen convencer. E preocupa que o relevo xeracional aínda non estea tan maduro como se prognosticaba. Os comezos son moi duros para todos!!

E volvamos para a Liga. Empezarei falando do 8º posto para abaixo, porque desde o Vilareal ata o descenso hai dúas vitorias de distancia… na xornada once.Todos están implicados. De aquí ata o turrón, fútbol seguido, e entramos na época da primeira vitoria, de ver a Liga con máis calma -despois de vivir épocas nerviosas-, ou unha derrota a velo máis negro e a coller a calculadora. Os xogadores físicamente xa están mellor, porque a calor despediuse ata o ano que ven e os afeccionados xa meten unha marcha á hora de arropar aos seus.

 

CC/Gabriel Corbacho Bermejo
CC/Gabriel Corbacho Bermejo

 

Seis puntos na xornada once…a mesma distancia que lle levaba o Barcelona ó Madrid na terceira xornada. Si ,todo o mundo en setembro xa daba ao Barcelona como un rolete e o Madrid a campaña perdida. Pero o Real Madrid colleu o liderado arrasando por goleadas de escándalo ós seus rivais, e así consegiu poñer nervioso ó Barcelona e ós colchoneiros, que seguen sendo equipos fortes a pesar de vivir cambios xeracionais nos seus equipos. Iso sí, a Liga para estes tres é moi longa e antes de abril haberá que recordarles moitas veces de que ainda non chegou abril (nin o turrón tampouco).

 

CC/Gabriel Corbacho Bermejo
CC/Gabriel Corbacho Bermejo

 

O Valencia está moi fresco porque non vai a Europa. Si o Vilareal e o Atheltic e estano pagando caro, e sorte co novo entrenador Moyes na Real Sociedade. Pero un aviso aos ches: que coiden os modais dalgún grupo de afeccionados que acoden a Mestalla, porque o deporte está para unir e non para insultar aos opoñentes cando chegan ó estadio. O trato que lle deu o Athletic na chegada foi penoso. E tamén de paso que poñan un novo céspede, horribleo que teñen para tratarse dun equipo que o magnate Lim vai rescatar.

 

Sevilla comezou forte e tamén Europa pásalle factura. Pero a Liga é longa. Momentos doces para os malaguitas e os do Celta. Polo momento non é hora de falar de equipo revelación,porque faltan varios partidos para a xornada 17, pero que gocen do momento e a ver si fisicamente aguantan as xornadas invernais.Os siareiros deben de animalos moito, porque estes equipos son moi peleóns.Se seguen así salvaranse con amplitude,e é moi cedo para decir algo de aspiracions máis altas.

 

E na Segunda Division a historia se repite. Como o ano pasado, a Liga un pano e ser sexto agora significa que en tres xornadas te pode pillar un que está agora no descenso. Por último,dicir que algúns adestradores escoitaban a canción El puente a Mallorca de de Los tres sudamericanos hai seis xornadas. Karpin só fixo dous puntos ata que o botaron fóra. Pero ante a falta de finiquito sentouse no banquillo de forma virtual durante cinco xornadas seguidas… e gañou as 5!! Empatou o outro día cortando a racha e pasou de estar afundido a estar a só una vitoria do play-off. E a Liga segue despois do Magosto…

Imagen por defecto
Maym
Son un tipo que de neno soñaba con triunfar na primeira división de fútbol. Pero non me gustaba entrenar… e a nada cheguei. Iso si, hai xente que se afasta de min porque non sei falar doutra cousa máis que de fútbol. Pero como dixo Pepe O Inglés unha vez: “¡¡O fútbol é sajrado!!”.

Deja un comentario