Outono, chegan os primeiros nervios ao fútbol

Chega o outono, remata o verán, axente de costa alarga a súa tempada de chapuzóns de praia antes de que veña o fresco do outono. Os nenos para as escolas, as vendimas, as recollidas de castañas e cogumelos… e os primeiros nervios ao fútbol.

Despois de recargar pilas, de afrontar os comezos de tempada con ilusión, xa empezan os primeiros nervios. Sobre todo os equipos que están na zona baixa da tabla, daqueles que o ano pasado fixeron un campañón e queren comparar este cos anteriores…e xorden os complexos. A ver como saen destas experiencias. Os críticos taberneiros e da prensa opinan segundo sopra a agulla do vento e desesperan ós afeccionados dos equipos afectados. Pero os verdadeiros siareiros do fútbol póñenese a debater na actualidade nos foros privados dos seus equipos,en vez de escoitar comentarios que nin lles van nin lles veñen. E o tempo dirá se as crises actuais dos seus equipos teñen solucións ou teñen asimilado que estarán toda a tempada no casino, xogando á ruleta rusa.

 

CC/James Vaughan
CC/James Vaughan

 

O Real Madrid, aburrido das críticas da prensa despois dun mal comezo de Liga, pegou dous puñazos grandísimos na mesa. Colleu ó Basilea, primeiro, e ó Deportivo, despois, e non só os humillou, senón que o fixo para chamar a atención a un fresco Barcelona, que non xoga como na época de Guardiola pero xoga distinto. Pero, ollo, o ano pasdao empezou moi forte con Tata Martino e por abril non podían coa alma. A ver este ano.

A Champions pasa factura a equipos como o Atlético de Madrid e Athletic de Bilbao. Os xogadores vense fundidos contra equipos mais cativos, despois de baleirarse ante grandísimos equipos cunha fame feroz.

 

CC/James Vaughan
CC/James Vaughan

 

Resultados raros hai no mundo!! Un Osasuna-Mallorca con 6-4 a favor dos primeiros despois de ir perdendo 1-3. E noutras ligas o Manchester United contrata a Van Gaal, ficha zume novo e despois de ir gañando 1-3 ó modesto Leisceter perde por 5-3. Vai necesitar un tempo Van Gaal para dar coa tecla dun equipo que quedou orfo tras a marcha de Sir Alex Ferguson. Por outra banda, sorprendente comezo do Éibar da Bundesliga, o Panderborg, que colleu o liderado en poucas xornadas.

 

CC/James Vaughan
CC/James Vaughan

 

Equipos modestos como Granada, Éibar e estes equipos extranxeiros ingleses e alemáns empezaron moi fortes. Están arriba por méritos propios, comezaron moi fortes na Liga e correndo gañaron merecidamente os seus puntos. Agora hai que ver para dentro dunhas semanas si serán candidatos a ser os equipos revelación (trofeo que se dará a falta de dúas xornadas para o remate da primeira volta, non antes) ou lles pode pasar factura o esforzo físico.

As rotacións dan medo… pensar no futuro… que non pase como naquel ano… malos recordos no final de Liga aquel. Queda moita liga, a ver se en decembro estamos mais tranquilos. A están aquí os primeiros nervios, e durarán ata que veña o magosto. E ainda estamos na vendima.

Imagen por defecto
Maym
Son un tipo que de neno soñaba con triunfar na primeira división de fútbol. Pero non me gustaba entrenar… e a nada cheguei. Iso si, hai xente que se afasta de min porque non sei falar doutra cousa máis que de fútbol. Pero como dixo Pepe O Inglés unha vez: “¡¡O fútbol é sajrado!!”.

Deja un comentario