As porras para os almorzos

Bueno, xente, chegamos ó mes de maio, a primavera chega ó seu punto de paxariños cantaríns, a xente entre constipados ten fame de praia e verán… e sen contar os mundiais de Brasil, ¡¡a Liga chega ó seu final!! Noutros artigos se explicarán con calma outras cousas, pero hoxe só se trata deste asunto: final de campaña.

Despois dunha longuísima temporada, os xogadores chegan a maio xustiños. E destacan nestas épocas dous tipos de afeccionados. En primeiro lugar están os famélicos, que nestas datas sacan forzas de onde non as hai vía foros, whatsapps (menudos inventos para partidos históricos), terra, mar, aire e canchas futbolísticas. Este tipo de seguidores aínda non saben como quedarán os seus equipos: ou ascenso ou Europa ou descenso.

E o outro tipo son os relaxados. Estes, despois de animar con euforia en toda a temporada, ven como os seus equipos están cos deberes feitos, para ben ou para mal. Nunha palabra, os partidos que lles quedan nin lles van nin lles veñen, porque os postos téñennos gañados. Pero estes afeccionados relaxados agora gozan vendo en terreo neutral os partidos, porque nos momentos M estiveron moi tensos,vivindo os mesmos síntomas que padecen os famélicos actuais.

O outro día no campo do Carnoedo ocorreu unha anécdota. O Carnoedo despedíase dos seus siareiros e desta categoría nunha temporada histórica. Xogou por primeira vez na súa vida cun presuposto e condicións moi humildes na 1ªAutonómica, fronte a equipos con moitas mellores estruturas. Noutras palabras: foi o Extremadura das Mariñas. E un socio do Carnoedo, ademais de portar a bufanda do clube co lema “Carnoedo C.F., sangue, suor e churrasco”, aproveitando o día fabuloso que facía, levou a camiseta roxibranca do Athletic coa propaganda de Petronor, a mesma deste ano. Este afeccionado é un relaxado, co Carnoedo vivindo a fin da súa inesquecible experiencia. O público despediu o equipo cunha gran ovacion ó final do partido, e os xogadores estiveron moi humildes. E coa resaca da clasificacion do Athletic para a Champions (dous días antes foi de festa cuns siareiros leoneses por Sada), el preguntáballe ó público informacion do partido do Atlético de Madrid, pois xogábase á mesma hora que o Carnoedo. Entón, un do público preguntoulle:
-E ti, para que queres saber o resultado se para ti a temporada xa rematou?
E o león-carnoedano contestoulle:
-Por curiosidade neutral. Como neutro o que quero é que haxa espectaculo.

E é que non é o mesmo ver futbol cando eres neutro que cando segues a alguén. Cando segues a alguén sabes as súas limitacións. Pois, como cantaba Joaquín Prat Senior, “todos queremos máaass…”

Agora, todo o mundo, cando me pregunta prognósticos, despois do pau que levou o outro día o Liverpool no Reino Unido (empatoulle a 3 un equipo que non se xogaba nada en 11 minutos, despois de ir gañando 0-3), eu contesto isto:

-As porrras para os almorzos.

Imagen por defecto
Maym
Son un tipo que de neno soñaba con triunfar na primeira división de fútbol. Pero non me gustaba entrenar… e a nada cheguei. Iso si, hai xente que se afasta de min porque non sei falar doutra cousa máis que de fútbol. Pero como dixo Pepe O Inglés unha vez: “¡¡O fútbol é sajrado!!”.

Un comentario

  1. ¿Este idioma es panocho, no? Suena a murciano. O eso o que tienes algo metido en la boca.

Deja un comentario