Un Mundial de «dar cera e pulir cera», como en Karate Kid

 

Sobre os partidos da medalla de bronce do Mundial, cómpre dicir que noutros deportes pártense a alma para conseguir un metal nada despreciable como ese, na tamén chamada final de consolación. Pero o outro día, no encontro do sábado, deu a sensación que se xogaba un partido-trámite de última xornada de Liga máis que unha medalla de bronce.

Holanda demostrou neste Mundial que aparte de chegar a semifinais e dar por boa á sua participación, que só é forte con rivais confiados como España e deprimidos como Brasil. Xa que non deu á cara contra Arxentina e pasouno moi mal noutros encontros.

Brasil, unha vez fóra do seu Mundial, andivo moi deprimido todo o tempo. E é que, con tódolos meus respectos, os goles dos tulipáns foron regalos dos brasileiros. Sobre todo o segundo, no que os xogadores locais tiñan máis pinta de estar xogando unha pachanga de futbol praia sen ganas que de querer parar ó dianteiro, que tivo tempo para colocar ben o balón para fusilar. Partido para esquecer.

E na nai de todas as finais, o 80% dos prognósticos daban unha Alemaña vencedora por goleada. Depois de pasarlle por riba a unha deprimida Brasil xa a daban por vencedora. Pero a historia do Mundial 90 repetiuse. Falei con un gañador da porra do resultado desta final. Todo o mundo puña máis dun gol ou vitoria de Arxentina pola mínima. Pero o vencedor da porra vaticinou depois de dicir a frase famosa de “As porras son para os almorzos», o resultado de 1-0 para Alemaña, e na prórroga. E acertou. Porque o vía vir.

Influíu que en Alemaña se lesionou Kedhira nos exercicios de quencemento e despois Kramer no partido. E Arxentina viu os vídeos do 90 e aguantou o chaparrón na primeira parte con contragolpes esporádicos. Na segunda parte os arxentinos levaron o partido ó seu terreo. Déronlle mais dun susto ós xermanos, con Mascherano de pivote auténtico. O árbitro, tan malo como Howadr Webb na anterior final do outro Mundial, mellor nin opinar.

CC/Tecnomovida
CC/Tecnomovida

E chegou a prórroga, onde Alemaña -como 24 anos atrás e con distinto guión- marcou o gol da vitoria: un remate de Götze dun centro feito por Schürle. Vinte e catro anos atrás marcara Brehme de penalti.

E de polémica danlle o balón de ouro a Messi, que aínda que no pasado foi un magnífico xogador como Maradona, nin Messi neste mundial nin Maradona en Italia 90 (catro anos atrás si destacou en México, coa «mano de Dios» incluída) destacaron nestes mundiais somníferos, raros e feos. Camerú n en Italia 90 destacou, Costa Rica neste mundial tamén xunto a Colombia.

Por un lado é una pena que remate o Mundial para os amantes de fútbol, pero por outra parte deixádeo ir. Porque é una mágoa ver vídeos de gran calidade futbolística e lembrar aqueles mundiais que se xogaban andando como os de México 70 ou Alemaña 74. Ou outros como os de Naranjito 82,ou México 86, entre outros. Alí si que habia calidade aínda que as pantallas non eran en HD.

Pero este Mundial por desgraza empata co de Italia 90. Ós veteranos traeránlle recordos ese mundial, pero con distintos matices. É como na película de Karate Kid do 84, con Miyagi e Daniel Sam, co de «Dar cera, pulir cera» e a versión de Jackie Chan, o fillo de Will Smith en «Ponte la camisa, cuélgala».

 

 

Imagen por defecto
Maym
Son un tipo que de neno soñaba con triunfar na primeira división de fútbol. Pero non me gustaba entrenar… e a nada cheguei. Iso si, hai xente que se afasta de min porque non sei falar doutra cousa máis que de fútbol. Pero como dixo Pepe O Inglés unha vez: “¡¡O fútbol é sajrado!!”.

Deja un comentario