Volve o fútbol tras o parón de setembro

Depois dunhas semanas calurosas, de fútbol todos os días practicamente, chegamos ó primer parón de setembro polos partidos das seleccións clasificatorios para os campionatos continentais vindeiros de cada nación… ou pachangas preparatorias, para coller forma. Atrás quedan as Supercopas, a europea gañada por un Real Madrid que anda co tema da portería ante un Sevilla que está cambiando o equipo, coa marcha de Rakitic para o Barcelona e a chegada de Delofeu e Iago Aspas.

A supercopa española gañárona os colchoneros, coa polémica de Simeone co golpeciño.

CC/Nando Martínez

O Real Madrid reforzouse con James, Kroos e Keylor Navas, que chega nun momento crítico polo rendemento actual de Casillas. E provocou a marcha de Diego López para o Milán. Xabi Alonso (moi aburrido despois do mundial) vaise a cubrir a baixa do lesionado Javi Martínez para o Bayer. E Di María marcha para un grande do Reino Unido, que intentará facer que volva á elite. Tras gañar o primeiro partido, na terra donostierra levou o primer trancazo da tempada. Por sorpresa despois de empezar gañando 0-2 no minuto 15 da primeira parte, unha deprimida Real Sociedade, que estaba recén eliminada da Europa League, remontoulle o partido e ganoulle por 4-2. Á Real Sociedade marchóuselle Griezman, pero aínda ten a Vela e  Canales, que lle poden facer algo. Tamén cambiou de porteiro. O doble físico do actor de La que se Avecina (o que fai o papel de Amador Rivas), Caludio Bravo, marchouse para o Barcelona.

O Barcelona atópase en fase de renovación. Os problemas son máis con Zubizarreta que na preparación dun equipo para competir. Por agora están apostando polos canteiráns. Os colchoneiros tamén están en fase de renovación, tamén fixeron cambio de cromos. Por agora unha Supercopa e unha vitoria ante o recén ascendido Eibar pedindo a hora.

CC/Nando Martínez

Ao Atheltic de Bilbao marchóuselle Herrera para o Manchester e só chegaron Viguera (pichichi da 2ª o ano pasado) e a sorpresa de Unai López, un canteirán de 18 anos que no segundo balón que tocou ante a dura eliminatoria do Nápoles deu o pase definitivo da tranquilidade, a do terceiro gol… que significa que 16 anos depois disputará unha elimnatoria ligueira de Champions. Iso si, segue a polémica do gol legal anulado a Gorka Iraizoz no día do Málaga. E o árbitro Mateo Lahoz como premio de anular o gol legal ó porteiro, pitou o derbi madrileño… en vez de metelo na neveira.

O Valencia encóntrase en época de transición tamén, en plan «agora ou nunca», coa negociación de si chega Lim para presidente ou non. Vilareal, Real Sociedade e Sevilla son equipos que estarán loitando para estar o máis arriba posible. Español, Raio Vallecano e Málaga, cos reforzos que teñen, darán máis dun desgusto. O Celta de Berizzo promete facer un fútbol ilusionante.

CC/Nando Martínez
CC/Nando Martínez

Sorte para o Deportivo, que cos reforzos de última hora poderemos ver se Victor Fernandez ten razón ou a tiña Fernando Vázquez. Lendoiro deixou moi tocado economicamente o equipo. Na actualidade, o expresidente do Dépor anda de asesor de equipos mexicanos por aí adiante. Medio ano despois de chegar Tino á presidencia xa hai protestas. Dentro dun tempo verase como queda isto.

A segunda estará tan desputada como o ano pasado.

CC/Nando Martínez
CC/Nando Martínez

E, por último, da selección da renovación española marchan os antigos campións menos Casillas, e incorpóranse xogadores como Sanjosé ou Isco, que a pesar de ser bos xogadores non son titulares indiscutibles nos seus clubes. E seguen apostando por Diego Costa depois do Mundial que fixo. Contra Macedonia gañamos, si, pero a imaxe do mal Mundial ainda esta recenté. Antes desa gran cita había millons de españois que vian con gusto os partidos amistosos-pachangas da selección, e o outro dia non chegaron os 2 millons e medio de espectadores. Iso significa que Villar e Del Bosque deben facer algo que faga recuperar a confianza futboleira hispana na selección, nunha época en que se acaba de xogar un triste Mundial de baloncesto en España, despois de que o ano pasado se xogara o do balonmano.

Imagen por defecto
Maym
Son un tipo que de neno soñaba con triunfar na primeira división de fútbol. Pero non me gustaba entrenar… e a nada cheguei. Iso si, hai xente que se afasta de min porque non sei falar doutra cousa máis que de fútbol. Pero como dixo Pepe O Inglés unha vez: “¡¡O fútbol é sajrado!!”.

Deja un comentario