Vota Partido Cementista Sadense, para cementalo todo!

Recuperamos un verdadeiro incunable, un dos mil panfletos-manifestos repartidos alá por 2003 por estes intrépidos fundadores do PCS, o xa mítico Partido Cementista Sadense, cuxos principios permanecen de máxima actualidade malia o tempo transcorrido.

 

Escanear 1

 

Lean o seu programa, por favor, e díganme se estes visionarios non adiantaron todos os problemas que padece Sada hoxe. Por elo, ante o desolador panorama electoral das eleccións municipais en Sada en 2015, propoñemos que teñan en conta esta opción política á hora de depositar a papeleta na furna.

 

Escanear 2

 

Estes pais fundadores do cementismo -Daniel P. Seixo e Víctor S. Díaz- xa anticiparon, hai máis dunha década, os problemas ó redor dos que hoxe pivotan as liortas políticas en Sada. Reclamaron no seu programa a chegada a Sada da universidade e esixiron a expropiación do hotel para a construción do casino Grand Hotel Deluxe Amigo Moncho. Non é incrible?

 

Escanear 3

 

Deámoslle unha oportunidade ao cementismo. De novo. Vota PCS. Para que unha xigantesca pista de formigón una Sada e Miño e podamos contar cun aeroporto internacional en condicións. Vota cementismo!!

Imagen por defecto
Colaborador
Persona humana que cree que aún es necesario luchar por la libertad en defensa del pensamiento crítico y por la igualdad de credos. Anónimo por vocación y solidario por necesidad.

Deja un comentario